A boa marcha do Arosa impulsa a súa campaña de socios
Por Redacción
Tres vitorias e dous empates situaron ao Arosa como líder en solitario da Terceira División disparando as expectativas en Vilagarcía, onde esperan que este poida ser o ano do retorno á Segunda División B.
Aínda queda moito para iso pero a afección arlequinada está decidida a aportar o seu gran de area.
A boa marcha en liga relanzou a campaña de socios ata o punto de rozar os 1.700 abonados.
Esta cifra supón un incremento en relación ao mesmo periodo do pasado ano, pero desde o club vilagarciano non se conforman e confían en poder superaar a barreira dos dous milleiros de socios.
Para iso as oficianas do Arosa, no estadio da Lomba, permanencen abertas de luns a venres de 17:00 a 21:00 horas para atender aos afeccionados.