O Choco pasa por encima dun Arosa decepcionante (1-3)
Por Redacción
Duelo de aspirantes na Lomba do que saíu un claro e xusto vencedor. O Choco foi moi superior a un Arosa gris, que distou moito de mostrarse como o claro candidato que se lle supón aos postos de honra.
O partido número 100 de Piscis como técnico arlequinado non puido ser máis amargo. O seu equipo viuse superado en todo momento polos homes de Marcos Montes, que fixeron valer o seu fútbol de toque ante un Arosa esvaecido e que aos 20 minutos de partido practicamente enterrara as súas opcións de vitoria, ao encaixar dous goles.
Hugo Sanmartín tomábase a súa vinganza particular, abrindo o marcador para o Choco aos sete minutos, rematando un centro de Yago Vázquez. O dianteiro desquitábase tras ser despedido do Arosa a pasada tempada, cunhas duras acusacións sobre o seu comportamento no vestiario.
O gol fixo crecer aínda máis o dominio do Choco, que conseguía facer o segundo cun excelente gol de Silva, desde o centro do campo, ao ver adiantado a Lucas.
Tras o descanso o técnico local moveu ficha dando entrada a Grégor. A aposta polo mozo canteirán saíulle ben, conseguindo crear perigo en dúas claras oportunidades de Dani Bea e o mesmo Grégor.
Con todo o Choco asentouse comezando a levar perigo á contra ata que Fernando fixo o terceiro, rematando un servizo de Comis para sentenciar o partido.
Hugo Soto, de penalti cometido sobre el mesmo, reducía distancias, para xa case sen tempo nin ideas para nada máis, a pesar de que o Choco xogou os últimos minutos cun menos por expulsión de Lucas.
Relacionadas:
-
Duro correctivo do Silva a un Arosa irrecoñecible (3-0)
Por Redacción |
-
Guerra entre o Arosa e o Concello pola cantina do Manuel Jiménez e a publicidade da Lomba
Por Redacción |
-
Piscis faise centenario co Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa encaixa a súa primeira derrota e cede o liderado ao Barbadás (2-0)
Por Redacción |
-
A boa marcha do Arosa impulsa a súa campaña de socios
Por Redacción |