Lucía Vázquez, campioa por segunda vez do Open de España de BTT
Por Redacción
Por segunda vez na súa carreira deportiva Lucía Vázquez proclamouse campioa do Open de España de BTT na modalidade de cross country olímpico (XCO).
A ciclista de Vilaboa certificou o triunfo vencendo na última cita do calendario, celebrada na localidade oscense de Panticosa.
Foi a súa terceira vitoria parcial en seis carreiras, pero nesta ocasión tivo que remontar pois nos primeiros instantes a que mandaba en carreira era a catalá Anna Villar (Tomas Belles), con 17 segundos sobre Vázquez ao termo da primeira volta.
Sen embargo Lucía foi de menos a máis e no penúltimo paso por meta colocouse xunto a Villar, a quen deixou atrás no tramo final entrando en meta cunha vantaxe de 43 segundos. Terceira foi Sandra Santanyes (Primaflor) a seis minutos.
A pontevedresa, que defende as cores do PC Quintela, finalizou o Open de España con 1.191 puntos, polos 1.029 de Anna Villar e os 986 de Rocío Martín, repetindo o triunfo de 2013.
Relacionadas:
-
Apoio da Xunta a Lucía Vázquez na súa carreira cara aos Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, "moi motivada" para lograr o seu primeiro campionato de España de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez inicia en Ribeira da Pena un mes clave da tempada
Por Redacción |
-
Segunda oportunidade para Lucía Vázquez na Copa do Mundo de BTT, esta vez en Alemaña
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez vence en Fundao e consolida o seu liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción |