Lucía Vázquez, "moi motivada" para lograr o seu primeiro campionato de España de BTT
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Lucía Vázquez hai un título que se lle resiste no seu xa extenso palmarés e este domingo intentará conseguilo. A biker de Vilaboa buscará a vitoria no Campionato de España de BTT que se celebrará en Valladolid. A pontevedresa é unha das principais candidatas a lograr o triunfo na carreira elite da modalidade olímpica de cross country olímpico (XCO).
Esta cita é un dos grandes obxectivos deste ano para a representante do PC Quintena, que esta tempada se proclamou vencedora do Open de España e lidera a clasificación xeral da Taça de Portugal. "Vou moi motivada para loitar pola vitoria. Creo que é a vez que máis posibilidades teño xa que me impuxen en tres das cinco probas do Open de España", afirma Vázquez.
A vixente campioa galega preparou minuciosamente este reto. "Estou no meu mellor momento de forma, aínda que o resultado da última Copa do Mundo en Suíza non foi bo," afirmou a deportista que como as súas principais rivais sinala a Rocío Martín, Anna Villar e Claudia Galicia.
O programa de competición da vilaboense en terras pucelanas arrancará o venres formando parte do equipo de Galicia na proba por relevos.
O domingo pola mañá, a partir das 09:30 horas, será a quenda para as corredoras da categoría elite feminina no trazado do Cierro de las Contiendas. "A calor pode pasar factura e o circuíto, aínda que sufriu modificacións respecto ao do Open celebrado en marzo, gústame pola súa dureza e polos cambios de ritmo. Adáptase ás miñas condicións", recoñece Lucía Vázquez.
Co obxectivo de chegar nas mellores condicións á carreira de XCO, Vázquez renunciou a participar o sábado na modalidade de eliminator, unha especialidade na que obtivo o subcampionato de España hai un ano na localidade oscense de Panticosa.
Relacionadas:
-
Apoio da Xunta a Lucía Vázquez na súa carreira cara aos Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
Bronce para Lucía Vázquez no Campionato de España elite de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez inicia en Ribeira da Pena un mes clave da tempada
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, campioa por segunda vez do Open de España de BTT
Por Redacción |