Apoio da Xunta a Lucía Vázquez na súa carreira cara aos Xogos Olímpicos
Por Redacción
É un obxectivo ambicioso á par que complicado, sobre todo polas dificultades que se encontra habitualmente para competir en probas do máximo nivel internacional por falta de financiamento, pero Lucía Vázquez non cella no empeño de estar presente nos próximos Xogos Olímpicos na modalidade de Cross Country (BTT).
Neste particular carreira a ciclista de Vilaboa logrou un compromiso importante, o do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
José Ramón Lete visitou este mércores a Lucía Vázquez antes dun dos seus adestramentos, na Illa das Esculturas de Pontevedra, comprometendo o apoio da Xunta para que poida seguir competindo ao máximo nivel en España e o estranxeiro.
Ademais Lete Lasa felicitouna polos seus últimos resultados, incluída a medalla de bronce conseguida no recente Campionato de España de BTT de Valladolid e o seu triunfo na xeral do Open de España.
Relacionadas:
-
Defender o liderado, obxectivo de Lucía Vázquez en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, "moi motivada" ante a última proba da Copa do Mundo en Italia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez imponse na última proba do Open de Galicia en Castro Barbudo
Por Redacción |
-
Bronce para Lucía Vázquez no Campionato de España elite de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, "moi motivada" para lograr o seu primeiro campionato de España de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, campioa por segunda vez do Open de España de BTT
Por Redacción |