Lucía Vázquez imponse na última proba do Open de Galicia en Castro Barbudo
Por Redacción
Dúas semanas despois de conseguir a medalla de bronce no Campionato de España, Lucía Vázquez regresou á competición e fíxoo con vitoria. A biker de Vilaboa impúxose na última proba do Open de Galicia de cross country olímpico, celebrada no monte Castro Barbudo (Rianxo).
A corredora do PC Quintena non participara en ningunha das tres edicións anteriores desta carreira: "Descubrí un circuito muy divertido y con unas vistas de ensueño. Me encanta correr en Galicia", declarou Vázquez, tras sumar un novo triunfo nesta exitosa tempada.
A dez veces campioa autonómica na categoría elite, aproveitou esta cita para realizar un test e comprobar o seu estado de forma antes de iniciar o último tramo do seu calendario para este ano.
O seu próximo obxectivo será a proba da Copa do Mundo en Val dei Sole (Italia), o 23 de agosto. Tras esta competición coñecerase o nome das elixidas polo seleccionador español para asistir ao Campionato do Mundo, que terá como escenario Andorra na primeira fin de semana de setembro.
Ademais, Vázquez defenderá o seu liderado na Taça de Portugal, nas dúas últimas xornadas do certame luso previstas para o inicio do outono.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez pásase ao enduro por unha fin de semana
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, "moi motivada" ante a última proba da Copa do Mundo en Italia
Por Redacción |
-
Apoio da Xunta a Lucía Vázquez na súa carreira cara aos Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
Bronce para Lucía Vázquez no Campionato de España elite de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
Por Redacción |