Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción
Primeira defensa con éxito do maillot de líder do Open de España de BTT para Lucía Vázquez.
A ciclista de Vilaboa asinou un dobre terceiro posto nos Internacionais Montaña Palentina para consolidarse á fronte da xeral a falta de dúas probas para a conclusión do Open na modalidade olímpica de cross country (XCO).
Na localidade de Aguilar de Campoo (Palencia), Lucía quedou 10 segundos da gañadora da contra o reloxo, Rocío Martín, con Anna Villar na segunda praza.
As tres ciclistas repartíronse ademais as prazas do podio na carreira do domingo, sendo primeira Villar seguida de Martín e a galega na terceira posición, tras non ter boas sensacións no tramo final da proba.
"Tiven problemas mecánicos, falta de ritmo e na última volta un pouco de desmotivación porque vía que non me encontraba a gusto", sinalou a deportista de Vilaboa.
Na xeral Lucía Vázquez manda con 149 puntos de vantaxe sobre Rocío Martín.
O Open de España regresará os días 6 e 7 de xuño en Panticosa (Huesca) na que será a quinta e penúltima cita da competición.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez, campioa por segunda vez do Open de España de BTT
Por Redacción |
-
Segunda oportunidade para Lucía Vázquez na Copa do Mundo de BTT, esta vez en Alemaña
Por Redacción |
-
República Checa, debut de Lucía Vázquez na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez vence en Fundao e consolida o seu liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez ponse líder no Open de España tras gañar en Vall de Lord
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez gaña en Valongo e ponse líder na Taça de Portugal
Por Redacción |