Lucía Vázquez ponse líder no Open de España tras gañar en Vall de Lord
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Open de España de BTT na disciplina olímpica do cross country (XCO) conta cunha nova líder xusto no ecuador da competición.
Trátase de Lucía Vázquez, que desmostrou a pasada fin de semana en Pireneos o seu gran momento de forma.
A ciclista de Vilaboa foi segunda na proba contra o reloxo de Vall de Lord, de 3,2 quilómetros, a 49 segundos de Orballo Martín.
Ese posto situaba a pontevedresa como líder da xeral, condición que defendeu con éxito na carreira de rally, na que chegou en solitario a meta con 37 segundos de vantaxe sobre a francesa Laura Charles e con tres minutos sobre Rocío Martin.
"Sufrín moito, ata tal punto que pensei en abandonar. Nesa altitude teño problemas de asma e paseino moi mal", recoñeceu a tras a proba.
Despois de tres carreiras a xeral do Open de España pasa a estar dominado por Lucía Vázquez con 764 puntos, seguido de Rocío Martín (591) e Anna Villar (498).
A próxima cita do calendario disputarase a próxima fin de semana en Aguilar de Campoo (Palencia).
Relacionadas:
-
República Checa, debut de Lucía Vázquez na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez gaña en Valongo e ponse líder na Taça de Portugal
Por Redacción |
-
Novo podio para Lucía Vázquez cun segundo posto no Open de Madrid
Por Redacción |
-
Dobre triunfo de Lucía Vázquez en Xerez na segunda proba do Open de España
Por Redacción |