Lourdes Domínguez accede ao cadro final de Roland Garros tras vencer a Shaha Peer
Por Redacción
Por oitava vez na súa carreira deportiva Lourdes Domínguez participará no cadro principal de Roland Garros, segundo Grand Slam do ano no calendario tenístico.
A deportista pontevedresa clasificouse para a fase final tras vencer na terceira rolda da previa á israelí Shaha Peer por un dobre 6-2.
O partido foi dominado por Lourdes dende o 1-1 inicial nunha primeira manga máis igualada do que reflectiu o resultado e que se decidiu pola enteireza da galega para levantar as bólas de break en contra.
Tras levarse o primeiro set o segundo comezou con rotura para a pontevedresa, que puxo a directa para pechar o encontro sen maiores complicacións.
Lourdes Domínguez convértese así na sexta española no cadro final do aberto parisiense, sendo a única dos 8 deportistas nacionais que superou a fase previa.
A súa rival en primeira rolda será a estadounidense Christina McHale, número 55 da clasificación WTA nun enfrontamento que conta cun único precedente, en Cincinnati 2013, que se decantou do lado galego.
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez roza a sorpresa ante Petkovic en Roland Garros pero cae en tres sets
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez salva dúas pelotas de partido para acceder á segunda rolda de Roland Garros
Por Redacción |
-
Un só partido separa a Lourdes Domínguez do cadro final de Roland Garros
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez afronta a fase previa de Roland Garros
Por Redacción |