Lourdes Domínguez afronta a fase previa de Roland Garros
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6be/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKwUipKLc6sStUxMjDQKc_/_pMzyjRKckvULKuBQA=_/5384a5d77c-1107_foto.jpg)
© Real Federación Española de Tenis
A terra batida de Roland Garros vivirá este mércores o debut de Lourdes Domínguez no segundo Grand Slam do ano.
A tenista pontevedresa, actualmente no número 113 do ranking, viuse abocada a disputar a fase previa da competición, na que Misa Eguchi, xaponesa de 23 anos e número 148 da clasificación WTA, será a súa primeira rival.
Lourdes, que nunca se enfrontou á deportista nipoa, deberá superar tres roldas para acceder ao cadro final do torneo, no que defende a primeira rolda do pasado ano.
A mellor experiencia da pontevedresa en París remóntase ao ano 2009, cando avanzou ata a terceira rolda.
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez accede ao cadro final de Roland Garros tras vencer a Shaha Peer
Por Redacción |
-
Un só partido separa a Lourdes Domínguez do cadro final de Roland Garros
Por Redacción |
-
Teliana Pereira elimina a Lourdes Domínguez nos cuartos de final de Bogotá
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez reencóntrase coa vitoria en Brasil, tras gañar o torneo ITF de Curitiba
Por Redacción |