Un só partido separa a Lourdes Domínguez do cadro final de Roland Garros
Por Redacción
Dous partidos superou xa Lourdes Domínguez na fase previa de Roland Garros, segundo Grand Slam do ano.
Tras desfacerse da xaponesa Eguchi (6-0 e 6-4) a pontevedresa superou cun xogo sólido á checa Barbora Krejcikova, número 146 do ranking WTA.
Domínguez impúxose tamén en dúas mangas (6-4 e 6-3) para situarse a un só partido do cadro final.
Ese partido enfrontaraa á israelí Shaha Peer, situada no posto 119 da clasificación mundial e que conseguiu vencer anteriormente a pontevedresa en dúas ocasións, por unha no caso de Lourdes.
Peer, cabeza de serie número 13 da previa, derrotou nos encontros anteriores á española Sara Sorribes (6-2 e 6-4) e á romanesa Patricia María Tig (5-7, 6-4 e 6-1).