Sen fortuna para o Froiz no Circuito do Guadiana, primeira cita da Copa de España
Por Redacción
Antonio Angulo (Gomur-Liébana 2017) impúxose no XLIX Circuito del Guadiana, primeira proba da Copa de España Elite e sub-23, que pasa por ser un dos obxectivos principais da tempada para o Grupo Deportivo Supermercados Foriz.
O equipo de Lourido non tivo o seu mellor día en terras estremeñas e só Martín Lestido tivo certo protagonismo nunha escapada neutralizada no tramo final da carreira.
Ao final Lestido foi o mellor ciclista do Froiz na vixésimo oitava posición nunha chegada masiva decidida ao sprint nas rúas de Don Benito.
A Copa de España terá o seu segundo asalto o 8 de marzo coa XII Aitzondo Klasika, que este ano se disputa entre Larraul e o Alto de Alkiza sobre 148 quilómetros nun terreo máis favorable para os corredores do conxunto alimenticio.
Relacionadas:
-
Lleida, primeira rolda por etapas para o Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
A Copa de España resísteselle ao Froiz na presente tempada
Por Redacción |
-
O Froiz busca engancharse á Copa de España na Aiztondo Klasika
Por Redacción |
-
Un renovado Super Froiz retoma os adestramentos coas miras postas nas "voltas con montaña"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
José Enrique Porto logra a medalla de bronce na Copa de Europa de Ciclismo Adaptado en Newport
Por Redacción |