José Enrique Porto logra a medalla de bronce na Copa de Europa de Ciclismo Adaptado en Newport
Por Redacción
O ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz José Enrique Porto regresa de Newport (Gales) cunha medalla de bronce no pescozo tras a súa participación na proba da Copa de Europa de Ciclismo Adaptado disputada a pasada fin de semana.
Porto, xunto ao seu guía José Antonio Villanueva, subiu ao podio na proba de velocidade en tándem, aínda que tamén participaron con menos éxito no quilómetro e en persecución.
Nas clasificatorias de velocidade Porto e Villanueva pasaron en cuarta posición, caendo en semifinais ante os actuais campións do Mundo.
Na loita polo bronce derrotaron por 2-0 ao tándem holandés, sumando uns importantes puntos no seu camiño cara ao principal obxectivo da tempada, o Mundial de Apeldoorn (Países Baixos) e o posterior reto de estar nos Xogos de Río 2016.
Relacionadas:
-
José Enrique Porto regresa do Mundial de Ciclismo Adaptado cunha medalla de prata
Por Redacción |
-
Sen fortuna para o Froiz no Circuito do Guadiana, primeira cita da Copa de España
Por Redacción |
-
Sete caras novas para o proxecto 2015 do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño |
-
Bronce para José Enrique Porto no Mundial de paraciclismo en pista
Por Redacción |