A Copa de España resísteselle ao Froiz na presente tempada
Por Redacción
Duro inicio de tempada para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz na Copa de España de Ciclismo en Ruta Elite e Sub-23.
Tras iniciar a competición cunha discreta presenza no Circuíto do Guadiana, a escuadra alimenticia non logrou estar na cabeza na Aitzondo Klasika, segunda cita do calendario.
Martín Lestido, cunha décimo sexta praza, foi o ciclista máis destacado do Froiz nunha proba caracterizada pola dureza dos seus nove portos de montaña.
Lestido foi o único que se asomou aos postos punteiros entrando a 54 segundos do vencedor, o vasco Mikel Iturria (Fundación Euskadi).
O corredor do equipo pontevedrés ascende ademais da vixésima praza da xeral con 92 puntos, polos 192 do líder, o tamén vasco Egoitz Fernández (Fundación Euskadi).
A próxima carreira da Copa de España será o Gran Premio Macario, en Alcalá de Henares, o próximo domingo 15 de marzo.