Un renovado Super Froiz retoma os adestramentos coas miras postas nas "voltas con montaña"
O Super Froiz afronta un ano "prometedor". Así o describe o seu director deportivo, Evaristo Portela. O equipo pontevedrés regresa esta semana aos adestramentos e faino con moitas caras novas no seu equipo. Unha profunda renovación coa que afrontar baixas moi importantes como as de José Antonio de Segovia ou ÿscar González. A pesar iso, presumen de volver formar un equipo "muy fuerte" e que aspirará a todo esta tempada.
O equipo do Super Froiz para a tempada 2015 estará composto de 16 ciclistas. Pedro Merino, Sergio Míguez, José Luis Mariño, Miguel Gómez, Rubén García e Martín Lestido como corredores elite; e Roberto Mediero, Raúl Fernández, Javier García, Antonio Portela, Samuel Blanco, Javier Pérez, David González, Alejandro Lomba, Álvaro Sánchez e Iván Urdiales, como sub-23.
Ademais, o Froiz seguirá contando con César Neira e José Enrique Porto, dous notables corredores paralímpicos, durante a nova tempada.
"Tenemos un gran talento y si trabajamos todos, yo el primero, este año vamos a hacer una temporada fantástica", explicou Evaristo Portela na presentación do equipo no Sexto Edificio do Museo. Pero non queren obsesionarse coas vitorias. "Siempre les digo a los corredores que dando el 100% de sí mismos yo ya estoy contento y feliz. Me encanta la buena actitud de la gente. Si es así, si al final no salen las cosas como queremos, estaré igualmente contento y satisfecho".
SÿTIMO ANO CONSECUTIVO COMO MELLOR EQUIPO
O equipo ciclista pontevedrés pechou 2014 liderando, por sétimo ano consecutivo, o ranking nacional nas categorías elite e sub23, un logro que ata o momento non lograra ningún outro equipo afeccionado en España. Foi grazas ás 28 carreiras gañadas, cinco voltas por etapas, dous campionatos de España contra o reloxo e 21 clasificacións xerais por equipos.
Ademais, a nivel individual, por primeira vez un corredor do Super Froiz foi nomeado como o mellor corredor da tempada, José Antonio de Segovia.
O corredor abulense é, xunto co estradense ÿscar González, unha das baixas máis importantes do Super Froiz para esta tempada. Regresa ao ciclismo profesional da man dun equipo portugués.
Evaristo Portela recoñece que a súa perda fará variar a estratexia deportiva da tempada, xa que "nos falta un corredor rápido como él, que nos remataba en las llegadas". Agora apostarán pola montaña onde, recoñece, "somos muy fuertes". O director deportivo do Froiz explica que "antes no movías mucho la carrera porque teníamos la opción de ganar con De Segovia y ahora nuestro fuerte va a ser las vueltas donde haya montaña".
E será tamén un ano especial para o propio Portela. Asegura que será o último como director deportivo do equipo. "Este año termina mi ciclo, de ahí no me muevo a no ser que desde la dirección de la empresa me convenza para seguir. Es mi decisión y de ahí de momento no me voy a mover", afirmou.
Relacionadas:
-
O Froiz busca engancharse á Copa de España na Aiztondo Klasika
Por Redacción |
-
Sen fortuna para o Froiz no Circuito do Guadiana, primeira cita da Copa de España
Por Redacción |
-
O Froiz perde a ÿscar González, que pasa a profesionais co Efapel portugués
Por Diego Espiño |
-
Sete caras novas para o proxecto 2015 do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño |