Poio Artai repite erros e afúndese na segunda parte (28-23) ante o Luceros
Por Redacción
Boa primeira parte do Poio Artai, que o fixo soñar coa posibilidade de dar a sorpresa en Cangas, pero desastrosa segunda, especialmente os primeiros dez minutos, nos que os Augusto Aláez non conseguiron anotar, deixando escapar a renda obtida no primeiro período.
O conxunto visitante levou a iniciativa nos primeiros 30 minutos de xogo, cunha máxima diferenza ao seu favor de cinco goles, mediado o período. Non obstante, tras chegar ao descanso con dous arriba no marcador (13-15), o Poio Artai encaixou un demoledor parcial en contra de 9-0, que situaba ao conxunto local 22-15 (minuto 50) ao que non puideron responder
LUCEROS (28): Salazar, Anxo Dopazo; Abal (2), Barreiro (2), Camiña, Joel (6), Daniel García, Daniel Gómez (1), Iglesias (3), Xairo, Menduiña (7), Rial (6), Daniel Sierra e Alberto Martínez (1).
POIO ARTAI (23): Juanjo Novás; Víctor (3), Gabriel Cores (3), Erselle (2), Carlos (8), Tomás, Portabales, David Rodríguez, Roibás (4), Salgueiro, Martín Tarrío (3) e Daniel Castro.
Árbitros: José Domingo Vega Gemio e Arturo Gutiérrez Salguero (Extremadura). Excluíron por dous minutos aos locais Daniel Gómez (2), Daniel Sierra e Alberto Martínez e aos visitantes Gabriel Cores (2), Tomás e Roibás.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 4-7, 5-9, 9-10, 11-14, 13-15 (descanso), 18-15, 21-15, 23-18, 24-20, 25-21 e 28-23 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal O Gatañal (Cangas do Morrazo). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Artai paga coa derrota (27-22) unha desastrosa primeira parte na Cañiza
Por Redacción |
-
Sen necesidade de forzar o Cisne propina un severo correctivo (27-39) ao Poio Artai
Por Redacción |
-
Non dá opción á sorpresa o Seis do Nadal e imponse (18-27) ao Poio Artai
Por Redacción |
-
O Poio Artai recupera opcións de permanencia coa vitoria (25-31) na pista do BM Artabro
Por Redacción |