O Poio Artai recupera opcións de permanencia coa vitoria (25-31) na pista do BM Artabro
Por Redacción
Tratábase dunha final anticipada fronte a un rival directo. Poio Artai necesitaba a vitoria para manter esperanzas de remontar na táboa clasificatoria e escapar dos postos de descenso, e fíxoo con autoridade nun dos seus mellores partidos da tempada.
Os visitantes dominaron o partido dende o primeiro instante, mesmo con vantaxes cómodas, que só conseguían reducir parcialmente os coruñeses.
Artabro intentouno ao comezo do segundo tempo, pero un novo estirón visitante rematou coas súas esperanzas e a partir de aí Poio Artai soubo administrar a súa renda para levarse unha xusta e transcendental vitoria.
BM ARTABRO NOVO MESOIRO (25): Ferreira, Manuel Saavedra; Aguión (2), Celso Alonso, Uxío Batán (10), David Bouza, Alberto Catoira, Ígor Dacosta (1), Duarte España (1), Iago Ferreiro (4), Alfonso González (2), Diego Lluque (3), Iván Prieto (1) e Álex Sotelo (1).
POIO ARTAI (31): Juanjo Novás; Víctor (3), Gabriel Cores (3), Erselle, Carlos (8), Tomás, Alberto López (7), Portabales, David Rodríguez (1), Jorge Rodríguez (3), Roibás (5), Salgueiro, Martín Tarrío (1) e Daniel Castro.
Árbitros: Daniel Portela Fernández e Martín Rodríguez Mondelo (Galicia). Excluíron por dous minutos a Alfonso González, Diego Lluque e Álex Sotelo, polo conxunto local, e a Carlos, David Rodríguez e Jorge Rodríguez (descualificado, minuto 48), polo Poio Artai.
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 2-4, 2-7, 4-10, 7-11, 10-14 (descanso), 13-16, 14-20, 17-25, 22-27, 24-27 e 25-31 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Novo Mesoiro (A Coruña). Uns 120 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Artai repite erros e afúndese na segunda parte (28-23) ante o Luceros
Por Redacción |
-
Non dá opción á sorpresa o Seis do Nadal e imponse (18-27) ao Poio Artai
Por Redacción |
-
Superioridade do BM Pontevedra sobre un Poio Artai que maquilla o resultado ao final (25-27)
Por Redacción |
-
Superioridade total do Calvo Xiria (31-23) sobre o Poio Artai
Por Redacción |