Rubén Lobato convértese na segunda fichaxe invernal do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra xa conta co seu segundo reforzo invernal, chegado para cubrir o oco deixado por David Feito.
Trátase de Rubén Lobato, lateral zurdo de 20 anos que chega procedente do Atlético de Madrid "C", equipo que marcha actualmente na décimo terceira praza no Grupo 7 da Terceira División e no que disputou 16 partidos esta tempada (810 minutos), marcando un tanto.
Lobato incorporouse este mércores á disciplina granate, completando o seu primeiro adestramento ás ordes de Luisito.
Será presentado este xoves ás 12:00 horas na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón, segundo anunciou o club mediante un conciso comunicado.
Antes da súa participación no terceiro equipo do Atlético, Lobato militou no Alcalá, tamén de Terceira División, e anteriormente no xuvenil de División de Honra do Rayo Vallecano.
Con esta incorporación o Pontevedra pecha o capítulo de reforzos para a súa liña defensiva, aínda que segue traballando na fichaxe dun centrocampista antes do peche do mercado.
CAPI, ENTRE DÿAS E TRES SEMANAS DE BAIXA
As probas ás que foi sometido Capi, tras caer lesionado o pasado sábado en Carballo, revelan que o central sofre unha rotura fibrilar na súa perna esquerda, polo que non estará dispoñible para os próximos encontros.
Segundo as primeiras estimacións o defensa estará de baixa entre dúas e tres semanas.
Relacionadas:
-
Rubén Lobato chega ao Pontevedra en calidade de cedido: "No vengo a un club cualquiera"
Por Diego Espiño |
-
Capi, descartado para o partido ante o Ribadeo
Por Diego Espiño |
-
Un serio e efectivo Pontevedra encoméndase ao balón parado para dobregar o Bergantiños (0-2)
Por Diego Espiño |
-
Bruno volve ao Pontevedra como primeiro reforzo invernal
Por Redacción |