Capi, descartado para o partido ante o Ribadeo
Por Diego Espiño
Pouco lle durou a enfermaría baleira ao Pontevedra. Tras un partido, o de Bergantiños, no que Luisito contou con todos os xogadores do primeiro plantel dispoñibles, o técnico granate perderá un dos futbolistas que máis viñan participando, Capi.
O defensa retirouse antes de tempo en Carballo tras sufrir unha picada na súa perna esquerda.
Estes problemas musculares descártanlle para o choque do próximo domingo ante o Ribadeo (17:00 horas en Pasarón), aínda que o seu período de baixa dependerá do que reflicta a ecografía á que será sometido este martes.
En caso sufrir unha simple contractura o central podería volver ao equipo a seguinte xornada ligueira, ante o filial do Deportivo, pero se existe rotura de fibras o seu período de baixa sería como mínimo de tres semanas.
CARNERO, A MENOR RITMO
A volta aos adestramentos para o equipo granate produciuse este luns con Pablo Carnero adestrando a menor ritmo que os seus compañeiros debido a unhas molestias nos isquiotiobiais.
Malia iso o seu estado non preocupa e prevese que estea en perfectas condicións para o choque da fin de semana.
O que non se adestrou foi o xuvenil Ramón, neste caso por culpa dun proceso vírico.