David Feito abandona o Pontevedra C.F. por motivos persoais
Por Ramiro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O xogador David Feito Vélez, futbolista de referencia no equipo granate, viuse obrigado a tomar a decisión de deixar o Pontevedra C.F. por motivos persoais.
Segundo informou a entidade granate nun comunicado de prensa, David Feito trasladou aos responsables do club a súa determinación de deixar o equipo, motivada por circunstancias particulares que obrigan o defensa a mudar o seu domicilio.
Foi unha decisión difícil para David Feito, segundo el mesmo trasladou os dirixentes do club.
O Pontevedra C.F. lamenta non poder contar con David Feito o resto de tempada, "xa que foi un activo de grande importancia dentro do equipo e demostrou unha gran capacidade de compromiso profesional.
DESPÍDESE O DOMINGO
Graves problemas familiares de índole persoal, levaron a David Feito a tomar a determinación de pedir a súa baixa no club, co fin de intentar solucionalos, para o cal debe trasladar a súa residencia. O xogador, que estaba totalmente integrado en Pontevedra, encontrábase visiblemente afectado no transcurso do adestramento realizado polos granates na tarde deste martes na Xunqueira.
David Feito, ao ser abordado por PontevedraViva, escusouse cortesmente, non querendo facer ningún tipo de declaración, remitíndose a unha comparecencia que realizará o próximo domingo, ao termo do partido que disputará en Pasarón o Pontevedra co Alondras, e que podería significar a despedida do lateral andaluz da afección granate, xa que ata entón seguirá estando ás ordes de Luisito.
LUISITO VALORA A MARCHA DE FEITO E A POSIBILIDADE DE FACER ALGUNHA FICHAXE
Ao termo do adestramento, o técnico granate valoraba así a marcha de David Feito: "Fue un mazazo para el grupo. David es un chico que estaba muy integrado. ÿl, como todos, sufrieron mucho la temporada pasada que estuvieron sin cobrar, y fue uno más arrimando el hombro. Ahora que las cosas iban bien surge un tema personal que ante eso no se puede hacer nada. Es una decisión muy personal suya. Lo único que me queda es desearle toda la suerte del mundo. Yo hasta el domingo contaré con él como uno más. Si juega o no dependerá de cómo lo vea a nivel anímico, pero la vida personal de cada uno está muy por encima del fútbol".
Con respecto ao oco que deixa no equipo, que vén a sumarse á baixo de Luismi, Luisito apuntou: "Está claro que ahora mismo, con la lesión de Fran Fandiño, más estas bajas, quedamos pocos. Aún así la plantilla está compensada en bastantes puestos, pero evidentemente algo tenemos que hacer, porque sólo tenemos el recurso de Anxo y Campillo, que conmigo ya jugó en el Ourense como lateral izquierdo. Siempre son soluciones, pero habrá que hablar con la secretaría técnica y con la presidenta, y si se puede incorporar algún futbolista habrá que hacerlo".