O Arxil buscará a súa oitava vitoria da tempada, sen presións, ante o GDKO Bizkaia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Arxil retoma esta fin de semana a competición de Liga Feminina 2. Tras o parón do Nadal, as pontevedresas viaxan a terras vascas para enfrontarse a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, o GDKO Bizkaia. O partido contra o actual segundo clasificado xogarase este sábado, a partir das 18.00 horas, no polideportivo Urreta de Galdákano.
O GDKO é un conxunto que militou a pasada tempada en Liga Feminina. Despois de descender, logrou manter practicamente a súa columna vertebral, o que as converte nun dos rivais a bater. De feito, gañaron todos os seus partidos como locais e tan só cederon un encontro en toda a competición, o que as enfrontou ante o Ensino de Lugo, que as derrotou por 84-81 tras unha prórroga.
As rapazas de Mayte Méndez viaxan ao País Vasco coa baixa coñecida de Fallon Lewis, aínda en Estados Unidos por problemas co seu visado. Dende o club aseguran que xogarán con tranquilidade e sen a tensión de verse favoritas para a vitoria.
Cren que se son capaces de manter o seu ritmo de xogo, ser duras en defensa, non perder balóns e aproveitar as opcións que poidan ter terán e non perder balóns, terán posibilidades para pelexar pola súa oitava vitoria da tempada.