Tropezón do Arxil ante o GDKO Bizkaia (71-50)
Por Redacción
Viaxaba sen presión o Arxil á pista do segundo clasificado, o GKDO Bizkaia, pero coa intención dar a sorpresa para situarse a un paso do liderado.
Non obstante as verdes apenas tiveron opción ante un conxunto vasco máis efectivo (71-50) nun encontro no que as pontevedresas botaron en falta a achega ofensiva da ausente Fallon Lewis.
As xogadoras adestradas por Mayte Méndez só inquietaron o seu rival nun bo primeiro cuarto (17-19), pero a partir de aí as locais apertaron en defensa para abrir un oco que sería insalvable.
No Arxil destacou unha vez máis Diarrá, con 31 de valoración grazas aos seus 22 puntos e 12 rebotes, pero só María Lago (10 puntos) e Carla (9) a acompañaron en ataque.
Malia a derrota o conxunto pontevedrés mantense na terceira praza da clasificación.
GDKO BIZKAIA (71): Molina-Prados (11), Miren (10), Ainara (12), Liñeira (12), Roundtree (13) -quinteto inicial- Esther, Patricia Valiente (12), Christiansen, Irati (1), Jone.
CB ARXIL (50): Diarrá (22), Ana Martín, Carla (9), María Lago (10), Ana Román (4) -quinteto inicial- María González (3), Fany López (2), Cristina Díz-Pache, Sandra Entenza.
Árbitros: Restrepo Arboleda e Pérez Bermejo. Sen eliminadas.
Parciais: 17-19, 16-8, 17-9, 21-14.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Urreta.