Sete caras novas para o proxecto 2015 do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño
Despois de sete anos consecutivos como mellor equipo do ranking nacional elite e sub-23, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz prepara xa unha nova tempada, na que espera volver ser unha referencia dentro de pelotón nacional.
A escuadra dirixida por Evaristo Portela afronta esta fin de semana a súa primeira concentración, só cos ciclistas galegos, en busca de lograr un bo ambiente entre os deportistas.
Así os ciclistas realizarán unha sesión na praia da Lanzada, acudirán ao Balenario de Cuntis ou completarán, o sábado, unha ruta de sendeirismo pola Escusa como preludio ao inicio oficial de pretempada, que non se producirá ata principio de ano.
O novo proxecto do Froiz conta xa con 16 corredores confirmados nun plantel que, salvo unha incorporación contrastada de última hora, se dá por completa.
O conxunto alimenticio incorpora a sete ciclistas para cubrir outras tantas ausencias, como a do campión de España elite contra o reloxo, José Antonio De Segovia, que se non concreta o seu paso a profesionais abandonará o ciclismo, ou a de Aser Estévez, que fichou polo CC Rías Baixas. Tamén causan baixa David Francisco, Cristóbal Sánchez, Samuel Rodríguez, Gonzalo Serrano e Iván Roade.
Para cubrir eses ocos Portela concretou a volta de Martín Lestido (Mutua Levante) ou a fichaxe do ex-profesional Rubén García (CC Rías Baixas), ambos os dous en categoría elite.
Ao plantel sub-23 chegan Raúl Fernández (CC O Rosañ), Javier García (Baqué Campos), David González (Sanse Spiuk), Alejandro Lomba (CC Vigués) e Álvaro Sánchez (Construciones Paulino).
Pola súa banda entre os nove corredores que continuan se encontra un dos seus xefe de filas, Pedro Merino, ou o estradense ÿscar González, que pasa a elite. Tamén seguen Sergio Míguez, José Luis Mariño, Miguel Gómez, Roberto Mediero, Antonio Portela, Samuel Blanco e Javier Pérez.
Completan o equipo, un ano máis, os ciclistas paralímpicos César Neira e José Enrique Porto.
Relacionadas:
-
Un renovado Super Froiz retoma os adestramentos coas miras postas nas "voltas con montaña"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
José Enrique Porto logra a medalla de bronce na Copa de Europa de Ciclismo Adaptado en Newport
Por Redacción |
-
O Froiz perde a ÿscar González, que pasa a profesionais co Efapel portugués
Por Diego Espiño |