O Froiz perde a ÿscar González, que pasa a profesionais co Efapel portugués
Por Diego Espiño
Contratempo para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz. O equipo con base en Lourido perde un dos seus corredores máis destacados cando xa tiña pechado o plantel co que intentará defender o primeiro posto do ranking nacional en 2015.
ÿscar González Brea, actual campión de España contra o reloxo sub-23, dará o salto ao profesionalismo no Efapel-Glassdrive portugués.
O ciclista estradense acompañará así ao seu paisano e compañeiro de adestramentos Álex Marque, que asinou co conxunto luso para ser un dos seus xefe de filas.
González rexeitara varias ofertas afeccionado para continuar co Froiz, co que participou hai uns días nunha concentración co resto de corredores galegos.
Evaristo Portela, director do equipo alimenticio, non perdeu o tempo e xa pechou ao que será o seu substituto, un ciclista "de garantías" para acompañará a Pedro Merino e Martín Lestido no liderado da escuadra, que terá na montaña o seu punto forte.
Segundo recoñeceu o propio Portela, trátase dun corredor "que pode gañar moitas carreiras". Procede dun equipo profesional pero a súa incorporación non se fará oficial ata o mes de xaneiro.
O director do Supermercados Froiz asegura alegrarse polo paso a profesionais de ÿscar González, ao que desexa sorte na súa aventura ao tempo que manifesta que "sabía que isto podía pasar e cubrín as costas".