Pablo Carnero e Tomás renovan por dúas tempadas e completan un Pontevedra ilusionante
Por Ramiro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Cando se temía pola posible marcha dun dos xogadores máis destacados da tempada e con máis tirón entre os afeccionados, o Pontevedra lograba a última hora da mañá do sábado dar un forte golpe de efecto, e deixar practicamente pechada a confección do equipo coa renovación do seu máximo goleador do pasado exercicio, Pablo Carnero.
O xogador acudía pola mañá ás oficinas do club en Pasarón. Pouco máis tarde anunciábase o acordo que vinculará a Pablo Carnero co Pontevedra para as dúas próximas tempadas.
Trátase, sen dúbida, dunha das noticias máis esperadas polos afeccionados, que desta forma ven como non só se manteñen os xogadores claves do bloque da pasada tempada, senón que o equipo se reforzou moito e ben, demostrando aspirar en serio ao primeiro posto e ao ansiado retorno á Segunda B.
Pablo Carnero: "La gente que vino me gusta, la gente que está me gusta. Y yo tengo claro mi objetivo, que es que quiero ascender con este equipo y con su afición"
Pablo Carnero, en declaracións a PontevedraViva, mostrábase feliz e era contundente nas súas manifestacións: "Yo quería seguir. La gente que vino me gusta, la gente que está me gusta. Y yo tengo claro mi objetivo, que es que quiero ascender con este equipo y con su afición. Así que por todo eso estoy feliz. Es verdad que tuve muchas ofertas y que algunas te hacen dudar, pero al final voy a estar donde quiero estar, por lo que estoy muy contento, la verdad".
Con respecto ás posibilidades do equipo, Pablo Carnero tamén se mostrou contundente: "Tenemos que salir como el Ferrol de hace dos años. Claro que hay equipos que también se están reforzando mucho y bien, pero nosotros estamos obligados a intentar hacer una temporada grande desde el primer momento".
Pablo Carnero non tivo tampouco reparos en manifestar que se chega algún novo xogador, sería ideal apuntalar cun mediocentro creativo "un jugón, que sepa dar ese último pase. Ya sería la guinda a un equipo con el que espero que podamos dar muchas alegrías a nuestra afición".
RENOVACIÿN DE TOMÁS
A última hora da tarde deste sábado, o Pontevedra confirmaba tamén a renovación de Tomás para as dúas próximas tempadas. O centrocampista, saído da canteira granate, era o último xogador que quedaba por pechar a súa continuidade no equipo. Con el, o equipo do primeiro equipo conta xa con 18 xogadores de cara ao comezo dos adestramentos que será inmediato, o próximo luns, en Pasarón.
Relacionadas:
-
Chegan Jacobo Millán e Anxo (ex do Boiro), dous centrocampistas que poñen a 'guinda' ao novo Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
"Unidos por un novo futuro", lema da campaña de socios 2014/2015 do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Jorge Rodríguez e Capi, dous homes experimentados para un proxecto que o Pontevedra cualifica "de 10"
Por Alejandro Espiño |
-
Fran Fandiño seguirá dous anos máis no Pontevedra e Yago Vázquez anuncia que non renova
Por Alejandro Espiño |
-
Sergio Lloves, Pedro García e Miguel Centrón, tres xogadores "de garantías" para pelexar polo ascenso
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Alberto Campillo e Adrián Mouriño, dous xogadores cun obxectivo claro: ascender a Segunda B
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |