"Unidos por un novo futuro", lema da campaña de socios 2014/2015 do Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Co equipo case pechado e a punto de iniciar os adestramentos de cara a unha tempada que se espera sexa definitivamente a do retorno á Segunda División B, o Pontevedra CF presentou a súa campaña de captación de socios 2014/2015, baixo o lema "Unidos por un novo futuro".
O acto de presentación foi realizado pola presidenta, Lupe Murillo, na sala de prensa de Pasarón, acompañada polas dúas persoas que son precisamente a imaxe e o simbolismo da campaña: Íker, un mozo xogador pre-benxamín do club, e Cholo, o lendario xogador e presidente de Honra do Pontevedra CF.
Con eles quérese poñer de manifesto a busca da unión entre todos os estamentos que conforman o Club, e mesmo entre toda a cidade e afección, como ben indicou a presidenta: "Espero que cada uno de los pontevedreses sienta que cada gol que metamos o cada partido que ganemos, lo sienta como suyo. Pretendemos estar unidos, la prensa, el personal, los jugadores, la afición, toda la ciudad, para conseguir todo aquello que el Pontevedra se merece. 'Unidos por un nuevo futuro', creo que es un mensaje muy significativo de todo lo que estamos buscando en esta nueva etapa que se abrió hace diez días".
En canto ao equipo, Lupe Murillo manifestou: "Como veis, la plantilla está casi cerrada -pouco despois se faría oficial a renovación de Pablo Carnero-. Hemos buscado ilusionar de nuevo y hacer una plantilla de garantías para que todo lo que estamos buscando se haga realidad".
A presidenta destacou que este ano non se produciría a suba dos aboamentos en ningunha categoría nin bancada, mantendo os mesmos prezos da tempada anterior, mesmo se baixou a bancada de preferencia 10 euros, polos problemas e molestias que tiveron os afeccionados situados na devandita localidade nos días de chuvia.
Lupe Murillo: "Vamos a hacer un juego espero que impresionante y espectacular, por eso espero que la gente que venga a un partido acabe siendo abonado"
Lupe Murillo destacou tamén que se produciría unha redución nos prezos das localidades para os partidos de liga e amigables, comezando co do próximo sábado fronte ao Real Valladolid: "Sí se han bajado significativamente el precio de las entradas. Pretendemos que cualquier persona de esta ciudad que les apetezca unirse a nosotros en cualquier partido, que sepan que no es caro y que nos encantaría que se engancharan en algún momento, por lo cual, como tenemos bastante grada por ocupar, hemos bajado el precio de las entradas para conseguir que alguien se enganche y luego se haga abonado. Vamos a hacer un juego espero que impresionante y espectacular, por eso espero que la gente que venga a un partido acabe siendo abonado".
Os prezos dos aboamentos serán os seguintes:
SENIOR | XUBILADO | BONIFICADO | PEÿAS | XUVENIL | INFANTIL | BABY | |
TRIBUNA | 175 | 90 | 80 | ---- | 50 | 35 | 10 |
PREFERENCIA | 115 | 70 | 60 | ---- | 45 | 30 | 10 |
FONDO NORTE | 65 | 60 | 50 | 60 | 40 | 25 | 10 |
FONDO SUR | 65 | 60 | 50 | 60 | 40 | 25 | 10 |
Ademais, os abonados de Palco pagarán 600 , mentres que os membros dunha mesma unidade familiar terán un desconto do 10% en cada carné, sempre que sexan polo menos tres persoas e dous delas de categoría sénior.
Os carnés sairán á venda a partir do luns da próxima semana, podendo retirarse nas oficinas do club, en Pasarón, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres, mentres que o sábado o horario será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 ata as 20:00, hora de comezo do partido amigable co Real Valladolid.
Como novidade, e co fin de facilitar a retirada dos aboamentos, Lupe Murillo anunciou a posta en marcha dun servizo de cobramento e entrega a domicilio, mediante o cal calquera persoa que non poida desprazarse ata as oficinas do club, cunha simple chamada telefónica ao número 986 86 56 07, pode solicitar que pasen a cobralo e entregarllo persoalmente no seu domicilio.
Tamén anunciou a presidenta os prezos para as localidades dos partidos, prezos que rexerán durante toda a tempada, e que serán os seguintes: 12 euros en Tribuna, 8 euros, Preferencia e 6 euros nos fondos, para o público en xeral, e 6, 4 e 3 euros, respectivamente, para as persoas en idade xuvenil (ata 18 anos, inclusive).
Por último, Lupe Murillo adiantou o plan de traballo do primeiro equipo, na súa primeira semana de adestramentos, que comezarán o luns en Pasarón, pola tarde, para seguir o martes na Xunqueira, mentres que mércores, xoves e venres os homes de Manu Fernández poderán traballar no campo de herba natural da Seca, en Poio.
Relacionadas:
-
1.600 afeccionados do Pontevedra retiraron xa o seu carné de socio para a presente tempada
Por Redacción |
-
Pablo Carnero e Tomás renovan por dúas tempadas e completan un Pontevedra ilusionante
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada
-
Jorge Rodríguez e Capi, dous homes experimentados para un proxecto que o Pontevedra cualifica "de 10"
Por Alejandro Espiño |
-
Miguel Centrón e Pedro García, novas fichaxes dun Pontevedra que confirma a Lloves e renova a Edu e Tubo
Por Alejandro Espiño |
-
Alberto Campillo e Adrián Mouriño, dous xogadores cun obxectivo claro: ascender a Segunda B
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |