Jorge Rodríguez e Capi, dous homes experimentados para un proxecto que o Pontevedra cualifica "de 10"
Por Alejandro Espiño
O Pontevedra xa ten practicamente perfilado o equipo para a próxima tempada. Os últimos en chegar, son dous xogadores que segundo a presidenta do club "aportarán experiencia y nos dará ese plus para aspirar a todo esta temporada". Trátase do dianteiro Jorge Rodríguez e do defensa central Borja Calvar, coñecido deportivamente como 'Capi'. Dúas fichaxes "relevantes", destacou Lupe Murillo, para un equipo que cualificou "de 10".
Jorge Rodríguez, cántabro de 32 anos de idade, chega ao Pontevedra despois de non ser renovado polo Rácing de Ferrol. Afirmou que "no hubo muchas conversaciones" porque tiña claro que a entidade granate lle ofrecía un proxecto "muy ilusionante". Vén avalado pola súa faceta goleadora (12 goles a pasada tempada en Segunda B), un aspecto que espera achegar tamén en Pontevedra, "pero sobre todo prometo sacrificio y esfuerzo", afirmou.
Á hora de fichar polo Pontevedra un club, dixo, "que siempre me llamó la atención", a Jorge Rodríguez atraeulle tamén todo o que rodea o equipo, como o campo ou a afección, porque "siempre me fijo en ese tipo de cosas". Asegura que o "envoltorio" do equipo pontevedrés "es de una categoría superior y es muy atractivo para un futbolista". O seu obxectivo, contribuír de forma decisiva ao ansiado ascenso de categoría.
Pola súa banda, 'Capi' é vigués e ten 33 anos. Formado na canteira do Celta de Vigo, chegou a debutar mesmo en Primeira División co Zaragoza. "Por trayectoria soy un jugador veterano y me toca aportar eso al equipo", sinalou. Afirma que como xogador combina forza e balón xogado. ÿ, segundo Lupe Murillo, a persoa "idónea" para achegar seguridade á defensa granate, xa que responde ao perfil de central alto e forte que estaban a buscar.
Con estes dous xogadores, o Pontevedra conta xa con 16 xogadores no equipo da próxima tempada, á espera de que Tomás e Pablo Carnero contesten á oferta de renovación presentada polo club. Se ambos os dous aceptan, só faltaría unha única fichaxe, xa que a intención dos responsables deportivos é pechar o equipo en 19 xogadores e completar o resto con xente da canteira.
Todos eles forman, segundo a presidenta do Pontevedra, un proxecto "consolidado, sólido y de garantías" que, asegura, xa empezou a xerar ilusión entre os afeccionados.
Os adestramentos da pretempada comezarán xa o próximo luns 21 de xullo, ás sete da tarde.
Relacionadas:
-
Arranca o Pontevedra 2014-2015 con nove caras novas e o compromiso de dicir adeus á Terceira
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Chegan Jacobo Millán e Anxo (ex do Boiro), dous centrocampistas que poñen a 'guinda' ao novo Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
"Unidos por un novo futuro", lema da campaña de socios 2014/2015 do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Pablo Carnero e Tomás renovan por dúas tempadas e completan un Pontevedra ilusionante
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada
-
Jorge Rodríguez e Capi, ex xogadores de Rácing de Ferrol e Ourense, súmanse ao Pontevedra 2014-2015
Por Ramiro Espiño |
-
Sergio Lloves, Pedro García e Miguel Centrón, tres xogadores "de garantías" para pelexar polo ascenso
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Alberto Campillo e Adrián Mouriño, dous xogadores cun obxectivo claro: ascender a Segunda B
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |