Festa popular para encher Pasarón
Por Diego Espiño
"Queremos que Pasarón registre la mejor entrada de los últimos años, motivar a la gente para que vuelva al estadio". Son palabras do conselleiro do Pontevedra José Antonio Millán, que xunto a compañeiros de Consello, xogadores e o adestrador granate presentaron os actos que rodearán o transcendental encontro do próximo domingo (18:00 horas) ante o Somozas en Pasarón.
Ademais do prezo reducido das entradas (10, 8 e 5 euros para o público xeral e 4, 3 e 2 para o júnior), incluirá unha xornada festiva na explanada que se encontra tras a bancada de Tribuna.
Alí as peñas granates organizarán unha festa popular "con pulpo, empanada y música" dende as 12:00 da mañá ata a hora do partido, na que ademais se poderán adquirir camisetas e artigos do club cun desconto do "50 y 60% de su precio".
Trátase dunha auténtica final para o ascenso. Se o Pontevedra gaña por dous goles de diferenza colocaríase no primeiro posto a falta dunha xornada para a conclusión da liga regular, pero en caso de perder os lerezanos poderían verse fóra da zona de play-off.
Por ese motivo os futbolistas pediron á afección que lles arroupe e "responda como nosotros lo vamos a hacer", asegurou David Feito.
Pola súa banda Manu Fernández apelou ao espírito da 'marea granate' que xa viviu como afeccionado porque "sé lo que la afición puede incidir en el resultado".
O técnico defende que encararán o encontro coma se xa se tratase da fase de ascenso, un partido no que "vamos a ser tremendamente ambiciosos" pero no que pide ir paso a paso: "lo primero que hay que hacer es ganar".
HOMENAXE A GERARDO DIOS VIDAL
O choque ante o Somozas servirá ademais como homenaxe ao primeiro equipo do Pontevedra Club de Fútbol tras o famoso pacto das Palmeiras do 16 de outubro de 1941.
Por ese motivo Gerardo Dios Vidal, aos seus 89 anos, realizará o saque de honra no Estadio Municipal de Pasarón como representante daquela xeración.