Derrota pola mínima do Pontevedra no campo do Arenteiro (1-0)
Por Redacción
Terceiro encontro de preparación na pretempada do Pontevedra Club de Fútbol, que este venres visitou o Arenteiro no campo do Espiñedo, no Carballiño, no Trofeo da Festa do Pulpo.
O conxunto granate, tras caer no seu debut en Pasarón fronte ao RC Deportivo da Segunda División (0-3) e gañar no campo do Cidade de Ribeira (0-3), volvía medirse a un equipo de superior categoría (Primeira RFEF) nunha das probas máis esixentes do verán.
Quizais por iso apostou Yago Iglesias por un once moi recoñecible, con só dúas caras novas como o lateral zurdo Héctor Hernández e o extremo Xabi Domínguez. Acompañábanlles Edu Sousa, Garay, Churre, Mario Gómez, Samu Mayo, Yelko Pino, Dalisson, Chiqui e Rufo.
Un equipo que mostrou solidez sobre o terreo de xogo chegando ao tempo de descanso con 0-0 no marcador.
Tras o paso por vestiarios chegaron os primeiros cambios, coa entrada de Charly, Álex González, Igor Irazu, Rares Mezdrea, Iago, Román, Javi Fontán e Manu. Máis tarde gozaron tamén de minutos Canosa, Diego, Marqués e Jairo.
Os minutos foron pasando sen materializarse as ocasións ata que no 75 o Arenteiro abriu a lata co que acabaría sendo o tanto decisivo do choque, conseguido por Enol.
O próximo encontro de preparación dos granates disputarase o martes 13 de agosto fronte ao Estradense no Novo Municipal da Estrada.
Relacionadas:
-
O Pontevedra leva o Trofeo Luis Otero ao vencer o Lugo (1-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
"Una prueba más" para Yago Iglesias nun Pontevedra que está "afianzando ideas"
Por Diego Espiño |
-
Triunfo do Pontevedra contra o Estradense na cuarta cita da pretempada (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra pon prezo ás entradas para o Trofeo Luis Otero
Por Redacción |
-
Borja Domínguez, tres semanas de expediente sen resolver no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra sentencia o Cidade de Ribeira na segunda parte (0-3)
Por Redacción |
-
Derrota do Pontevedra contra o Depor no primeiro amigable de pretempada (0-2)
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Confirmados sete amigables para a pretempada "cargada de partidos" do Pontevedra
Por Diego Espiño |