A semifinal polo título de liga ante o Burela será "un partido duro" para o Poio Pescamar
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar conta as horas para que de comezo o play-off polo título de liga de Primeira División. Será "un partido duro", augurou o técnico vermello, Luis López-Tulla, quen indicou que este tipo de encontros son os que sempre tes "ganas de xogar" e, por que non, "gañar para pasar a eliminatoria".
Pero non o terá fácil. Igual que a pasada tempada, o seu rival por un posto na final será o Burela Pescados Rubén, líder da liga que tivo un mes un tanto "complicado" pero do que espera que saque a súa "mellor versión".
O equipo conserveiro, pola súa banda, acude á cita con confianza plena tras a gran segunda volta realizada, xa que chegou a estar a 11 puntos do cuarto posto, pero reaccionou e espera dar a sorpresa. E é que, aínda que os precedentes entre Burela e Poio Pescamar caeron a favor do cadro lucense, o único positivo para as vermellas foi nas semifinais da Copa Galicia, onde lograron o pase á final na quenda de penaltis.
Será ese partido o que utilice como referencia López-Tulla "para seguir mellorando". Segundo el, "tivemos moi bo nivel defensivo, téñoo na cabeza porque podemos sacar cousas que nos veñan ben", admitiu.
Para este encontro, o Poio Pescamar contará, igual que ocorreu durante toda a tempada, cun importante apoio nas bancadas. "A afección sempre estivo", recoñeceu o adestrador, "e agora, que se poidan desprazar, imos notar unha chea. Nos partidos tensos e complicados saber que contamos con xente detrás nosa énchenos de ganas".
A semifinal do play-off polo título de liga entre Burela e Poio Pescamar arrincará ás 18:00 horas en Vista Alegre e poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube de SinopsisVuvuzela.
Relacionadas:
-
A Seca busca ser un fortín para aupar o Poio Pescamar fronte ao Burela
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar sucumbe ante o poderoso Burela (4-0)
Por Almu Dapena |
-
Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar para as dúas próximas temporadas
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar entra en modo play-off, con viaxe para afeccionados ao primeiro partido en Burela
Por Diego Espiño |