Dous partidos de sanción a Yago Iglesias, que non poderá dirixir o Pontevedra na eliminatoria polo ascenso
Por Diego Espiño
Yago Iglesias non poderá sentar no banco para dirixir o Pontevedra Club de Fútbol na eliminatoria final polo ascenso fronte ao Betis Deportivo.
O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol confirmou este mércores o castigo ao técnico granate pola súa expulsión no duelo fronte ao Deportivo Aragón.
Como vén sendo habitual no caso dos adestradores, a sanción imposta a Iglesias é de dous encontros de suspensión, polo que lle afectará tanto para o encontro do próximo domingo no Benito Villamarín como o decisivo do Estadio Municipal de Pasarón o domingo 2 de xuño.
Yago foi expulsado por unha dobre tarxeta amarela, a primeira no minuto 28 de xogo por "realizar observacións de carácter técnico a unha das miñas decisións" e a segunda, xa no minuto 69, "por saír da área técnica cos brazos no alto e protestando unha das miñas decisións", explicou o colexiado do partido na acta arbitral.
YELKO PINO, A UNHA TARXETA DA SANCIÓN
O Pontevedra afrontará ademais o duelo de ida da eliminatoria contra o Betis Deportivo cunha xogador clave en alerta amarela. Trátase de Yelko Pino.
O centrocampista granate é o único futbolista que foi amoestado nos dous partidos de play-off disputados, e de ver unha terceira tarxeta amarela en Sevilla converteríase en baixa para o choque decisivo de Pasarón. Salvo expulsión, ningún xogador máis do plantel atópase ameazado por esta circunstancia.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias: "Imos encher Pasarón e entre todos imos dar a volta a esta eliminatoria"
Por Redacción |
-
O Pontevedra cae ante o Betis Deportivo e deberá remontar en Pasarón (1-0)
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Apoio granate desde Montero Ríos vendo o Pontevedra - Betis Deportivo na pantalla xigante
Por Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Yago Iglesias: "Somos conscientes de que temos moita xente detrás e é un plus"
Por Diego Espiño |
-
Haberá 'Marea Granate' no Benito Villamarín
Por Diego Espiño |
-
As entradas para a final polo ascenso en Pasarón, á venda
Por Diego Espiño |
-
Mirando o termómetro para o partido no Villamarín: "Los 34 o 35 grados que haya serán para los dos equipos"
Por Diego Espiño |
-
Anuncian a instalación dunha pantalla xigante para seguir o Betis Deportivo-Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada