![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0b3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66539144f1-20240226-saiz-avenida-montero-rios-pantalla-pontevedra-betis-0392.jpg)
© Cristina Saiz
VÍDEO.- Apoio granate desde Montero Ríos vendo o Pontevedra - Betis Deportivo na pantalla xigante
![Cristina](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/cee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/552b997089-fotoperfilcrissaiz.jpg)
Por Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2e5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6653914678-20240226-saiz-avenida-montero-rios-pantalla-pontevedra-betis-0529.jpg)
© Cristina Saiz
Numerosos afeccionados achegáronse para ver o partido de ida da eliminatoria na que o club pontevedrés está a xogarse o ascenso de categoría.
A Deputación de Pontevedra instalou a pantalla diante do Pazo Provincial.
O Pontevedra Club de Fútbol comezou perdendo contra o Betis Deportivo nun encontro marcado polas altas temperaturas que se rexistran en Sevilla.
Jesús Rodríguez anotaba para os locais aos 20 minutos un gol que obriga o conxunto granate a unha remontada no estadio municipal de Pasarón no encontro de volta.
Seguidores do Pontevedra Club de Fútbol seguiron o partido contra o Betis Deportivo en Montero Ríos
A Deputación de Pontevedra instalara a pantalla diante do Pazo Provincial para que a afección seguira o partido da eliminatoria polo ascenso
© Cristina Saiz
Seguimento do partido do Pontevedra CF - Betis Deportivo
A afección granate achegouse a Montero Ríos para ver o partido en pantalla xigante
© PontevedraViva