Yago Iglesias: "Continuamos na loita e na pelexa e dependendo de nós"
Por Cristina Saiz & Redacción
"Triste". Así se vai o Pontevedra Club de Fútbol despois do empate contra o Compostela este domingo no Vero Boquete.
"Púxosenos o partido complicadísimo, estivemos as dúas veces por detrás no marcador e fomos capaces de igualar por dúas veces". Con todo, di que "na segunda parte somos merecedores de algo máis, o equipo deu ese paso cara adiante e ímonos tristes", lamentou.
Admitiu que ao equipo foille complicado enfrontarse á liña de cinco exposta polo cadro santiagués, que a pesar das baixas demostrou ter xogadores "de altísimo nivel xogue quen xogue e sabiamos que nos iamos a atopar esa estrutura", confesou.
"Tiñamos que ter moita calma e xuntar máis xente por dentro", pero non foi ata o arranque da segunda parte cando o Pontevedra xerou de verdade. "Temos tres situacións nas que se pide penalti, temos un traveseiro, un pau, varias chegadas de Chiqui por banda que non acertamos no último pase... Contabilizo moitas chegadas e o control do xogo. As veces que o Compos puido transitar foron contadas cos dedos dunha man", recoñeceu o técnico.
É por iso que o empate sabe máis a unha derrota e, aínda que o adestrador granate Yago Iglesias di que "non é definitivo" e que a liga "se vai a alongar ata a última xornada", queda moi pouca marxe para fallar.
De feito, a semana que vén o Pontevedra ten xa a cita clave do ano, recibindo a un Ourense que está segundo empatado a puntos cos granates. "É un partido de rivalidade directa, pero creo que independentemente do que pase esa xornada imos ter que esperar á última", analizou o adestrador. "Continuamos na loita e na pelexa e dependendo de nós", explicou.
Relacionadas:
-
Pasarón apunta ante o Ourense á mellor entrada da tempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra-Ourense, un derbi decisivo cun ollo posto no 'average'
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' invade o Vero Boquete
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Empate amargo do Pontevedra contra o Compostela (2-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias: "Volver a San Lázaro e velo de granate será o máis bonito de todo"
Por Almu Dapena |
-
Camiño dun dos maiores desprazamentos de afeccionados granates dos últimos anos
Por Diego Espiño |
-
Tres xogadores do Compostela, sancionados para a visita do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Chiqui arenga á afección: "Cada campo de Galicia que imos fan un mini-Pasarón e iso valorámolo moitísimo"
Por Diego Espiño |
-
Abonados á 'media inglesa' para achegarse ao ascenso
Por Diego Espiño |