O Team Thunder lócese en Portugal
Por Redacción
Notable actuación a protagonizada polo Team Thunder na Porto Box Cup.
Trátase dun dos eventos de boxeo que conta con maior participación a nivel europeo, e é que nel participaron máis de 600 deportistas, entre os que se atopaban sete púxiles do club marinense.
No Porto o Team Thunder sumou un total de cinco medallas, tres delas de ouro e dous de bronce.
As vitorias foron para Raúl Loira, Xabi Abal e Martín Grandío, mentres que Samara Garrido e Yohana Jiménez tiveron que conformarse co bronce tras caer contra representates de Inglaterra e Polonia respectivamente.
A nota negativa da xornada foi a indisposición sufrida por un dos seus deportistas, así como a derrota por decisión dividida de Aarón González fronte ao campión portugués Hugo Costa.
Relacionadas:
-
Aarón González retén o cinto de campión galego 'NeoProfesional' de boxeo
Por Redacción |
-
Un Open Vila de Marín de boxeo de récord na súa cuarta edición
Por Redacción |
-
Vibrante noite de boxeo no pavillón da Cañota
Por Redacción |
-
O Team Thunder inicia a nova tempada con moita ambición
Por Redacción |
-
Martín Grandío, do Team Thunder, concentrado en Los Alcázares coa Selección Española de base
Por Redacción |