Vibrante noite de boxeo no pavillón da Cañota
Por Redacción
O pavillón marinense da Cañota viviu o pasado sábado 2 de decembro unha noite especial coa celebración da V Copa Galicia de boxeo.
Ao redor de medio milleiro de persoas déronse cita nun evento que presentaba 12 combates.
En primeiro lugar, nas bautizadas como 'SuperFights', David Rodríguez impoñíase ao local Lucas Hermida, Pablo Lubián era derrotado por Samuel Marfo, Mario Núñez superaba a Miguel A. Prado e Raúl Loira gañaba a Carlos Leiro.
Tras o aperitivo na Copa Galicia vivíronse uns emcionantes combates nos que se impuxo o equipo de Galicia Norte ao presentado por Galicia Sur remontando un 0-2 inicial para terminar dominando por 5-2.
Para finalizar a noite contaba cun prato forte, o combate polo título galego neoprofesional no que o local Aarón González defendía o seu cinto. Logrouno pero cun opoñente inesperado polos problemas de saúde de 'Nono' Jiménez, anunciado no cartel.
Finalmente Aarón mediuse a Alexander Yovenko (La Vieja Escuela de Vigo) nun enfrontamento táctico que se decantou ao lado do púxil do Team Thunder.
Relacionadas:
-
Aarón González retén o cinto de campión galego 'NeoProfesional' de boxeo
Por Redacción |
-
Un Open Vila de Marín de boxeo de récord na súa cuarta edición
Por Redacción |
-
O Team Thunder lócese en Portugal
Por Redacción |
-
Doce combates compoñen o cartel da quinta edición da Copa Galicia de Boxeo en Marín
Por Redacción |
-
A Cañota repetirá en decembro como sede da Copa Galicia de Boxeo
Por Redacción |