Aarón González retén o cinto de campión galego 'NeoProfesional' de boxeo
Por Redacción
O cinto de campión 'NeoProfesional' de boxeo queda en Marín.
Aarón González proclamouse por terceira vez consecutiva campión autonómico do peso medio nunha velda celebrada a pasada fin de semana en Lugo.
O marinense defendía a súa coroa fronte ao coruñés Álex Andreu, e fíxoo nun combate no que foi puntuando de maneira regular coa sensación de levar a dianteira sobre o seu rival.
Os xuíces de maneira unánime deron o triunfo ao púxil do Team Thunder por 50-45.
É, ademais dos seus triunfos neoprofesionales, o décimo título galego de Aarón González, que xa acumula a friorenta de 252 combates ao longo da súa carreira.