Pontevedra presentará candidatura para organizar de novo en 2027 a Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño
A Boa Vila optará a repetir experiencia na organización da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, tras o éxito que supuxo para a cidade en 2023 acoller o maior evento mundial da modalidade olímpica deste deporte.
Así o confirmou este mércores o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, aproveitando a presenza na cidade dos presidentes das federacións internacional e española de tríatlon para constituír o comité organizador dos Campionatos Multideporte de 2025.
"Para o 27 imos a candidatar porque creo que deixamos unha boa imaxe. Temos certas posibilidades", asegura Lores avanzando que será necesario presentar candidatura formal este mesmo ano.
Nada máis terminar a Gran Final de 2023, o alcalde de Pontevedra xa afirmara que a posibilidade de repetir experiencia estaba aberta, pero agora a intención vai moito máis alá tras recibir o apoio incondicional da Federación Española de Tríatlon, da actual presidenta da World Triathlon, a española Marisol Casado, e dos representantes de Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra presentes na reunión deste mércores no Concello, co secretario xeral para o Deporte en funcións, José Ramón Lete, e o vicepresidente provincial Rafa Domínguez.
Tras pasar por Pontevedra en 2024 será outra localidade española, Torremolinos, a que acolla a Gran Final, en 2025 a honra recaerá en Wollongong (Australia) e en 2026 a cidade que se postula é Budapest.
Relacionadas:
-
Confirmadas as datas e primeiros detalles do Mundial Multideporte de tríatlon 2025
Por Diego Espiño |
-
Unha Gran Final das Series Mundiais que puxo "a pel de galiña" a Pontevedra
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, en cifras
Por Redacción |
-
Días despois, os triatletas seguen alucinando con Pontevedra: "Púxome a pel de galiña. É algo que lembrarei durante anos"
Por Diego Espiño |
-
Optar a repetir outra Gran Final das Series Mundiais?: "Está aberta esa posibilidade"
Por Diego Espiño |
-
O tríatlon converte a Pontevedra en campioa do mundo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
"As próximas sedes terán que mirar a Pontevedra para ver como facer unha Gran Final"
Por Diego Espiño |
-
Beth Potter reina en Pontevedra e pon o broche a unha inesquecible Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |