'Festa pagá' con Mägo de Oz na Praza de España
Por Redacción & Mónica Patxot
As Festas da Peregrina empezan a encarar a súa recta final, e fano encadeando citas musicais con gran afluencia de público no escenario principal da Praza de España.
Alí subiron este xoves os madrileños Mägo de Oz, banda de folk metal cunha longa traxectoria que presentaban na Boa Vila a súa xira internacional 'Hasta que el cuerpo aguante Tour'.
A banda, recoñecida por todos por cancións como 'Fiesta pagana', puxo o punto rockeiro á programación festiva.
Antes, ás 21.00 horas, na Praza da Ferrería os encargados de poñer a animación musical foron Os Coribantes de Buchabade.
Para este venres 18 de agosto, se o tempo aguanta, a música tomará un pequeno respiro na Praza de España para dar paso ao espectáculo infantil 'Tarzán, o musical' ás 21.00 horas, mentres que na Ferrería está programado para as 22.30 horas un tributo a Mecano (22:30 horas).
En canto á fin de semana Vanesa Martín actuará o sábado 19 de agosto (22:30 horas) na Praza de España, e Rayden será o encargado de pechar os concertos no escenario principal o domingo 20 de agosto (22.30 horas) tras a cancelación por motivos de saúde do recital de Pimpinela que figuraba no programa das festas.
Relacionadas:
-
O ano no que os festivais e os eventos culturais volveron encher Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha despedida ás Festas da Peregrina con Pontevedra ata os topes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Rayden pon fin a uns multitudinarios concertos da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vanesa Martín namora o público pontevedrés cos seus 'praceres e pecados'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Batalla de Flores regala colorido e diversión antes da chuvascada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Rayden substitúe a Pimpinela no cartel das Festas da Peregrina
Por Diego Espiño |
-
Baiuca pon a bailar ás Festas da Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Lores, sobre as Festas da Peregrina: "É incrible a cantidade de xente que hai"
Por Redacción |
-
O rapero Recycled J e o espectáculo Kine Circus protagonizan unha nova xornada de abarrote nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
O mellor rap e clásicos de pop, rumba e indie poñen ritmo á noite do luns
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Furious Monkey House e La M.O.D.A., banda sonora dun domingo con Pontevedra repleta
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Los Tres Soles del Paraguay abren oito noites musicais
Por Diego Torrado & Redacción |