Rayden pon fin a uns multitudinarios concertos da Peregrina
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6c1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64e2984a96-.jpeg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f1e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64e29849a2-.jpeg)
© Cristina Saiz
O madrileño Rayden puxo fin a unhas multitudinarias Festas da Peregrina cun concerto de balde na Praza de España.
Non era artista que figuraba inicialmente na programación (substituíu a PImpinela tras o accidente sufrido por un dos seus compoñentes), pero pouco importáballe a un público entregado que coreou moitas das súas cancións.
"Esto va por vuestra paisana Teresa, que es campeona del Mundo", dixo o cantante ao inicio dun percorrido por moitos dos seus éxitos comezando por "La patria de los ausentes", cantada en gelago, e finalizando con "Matemática de la carne". Tamén cantou "Calle da llorería", canción coa que se presentou ao Benidorm Fest, ou "Averno", o seu single coas Tanxugueiras.
Antes, na Praza da Ferrería, a xornada musical contou coa actuación do grupo Chroma.
Foi o peche a oito noites musicais para diferentes gustos que supuxeron un éxito de público.
Concerto de Rayden nas Festas da Peregrina
O artista madrileño puxo fin ás Festas da Peregrina cun concerto gratuíto na Praza de España
© Cristina Saiz