Leiva e Iván Ferreiro compartirán escenario o 23 de agosto nun concerto en Pontevedra
Por Diego Espiño
Os concertos de verán de Pontevedra suman unha nova cita, e será cunha data marcada en vermello para moitos pola popularidade dos artistas involucrados.
Leiva e Iván Ferreiro compartirán escenario nun concerto na Boa Vila o vindeiro mércores 23 de agosto, segundo anunciou este martes a promotora Esmerarte.
Ambos os dous artistas presentarán en Pontevedra os seus respectivos espectáculos, cun show que se celebrará na chaira exterior do Recinto Feiral, aproveitando a infraestrutura que só uns días despois acollerá o festival Río Verbena Fest.
Segundo o anuncio de Esmerarte, a apertura de portas para o evento será ás 19.00 da tarde, estando previsto primeiro o concerto de Iván Ferreiro (21.00 horas) e a continuación o de Leiva (23.30 horas).
As entradas, cun prezo que parte dos 25 euros, sairán á venda o vindeiro venres 11 de agosto, ás 12.00 horas, a través de esmerarte.com e entradasatualcance.com.
@Leiva_Oficial e @ivanferreiro actuarán en Pontevedra el próximo 23 de agosto, en la explanada del recinto ferial
— Esmerarte (@esmerarte) August 8, 2023
Las entradas saldrán a la venta este viernes a las 12:00h en https://t.co/3s4I7aOGWK y https://t.co/RSVKoKCTxH pic.twitter.com/P2p3FZ9Jje
Relacionadas:
-
Leiva e Ferreiro soben a temperatura musical de Pontevedra como aperitivo do Río Verbena Fest
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Río Verbena quenta motores e promete espectáculos "incribles" e actuacións "potentes"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Vendidas máis da metade das entradas para o concerto de Leiva e Iván Ferreiro en Pontevedra
Por Redacción |
-
Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Recycled J ou Baiuca, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Río Verbena incorpora a Dellafuente a un cartel que reserva un día para a música urbana e outro para a 'indie'
Por Alejandro Espiño |
-
Río Verbena ábrese a novos estilos e 'ficha' a Vetusta Morla para a súa segunda edición
Por Alejandro Espiño |