Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Recycled J ou Baiuca, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño
Acabou a espera. O Concello desvelou este venres o cartel de concertos para a semana grande das Festas da Peregrina, que se celebrará entre os días 12 e 20 de agosto. Serán nove días de actividade frenética que se integrarán nos dous meses das Festas de Verán.
Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Mago de Oz, Recycled J ou Baiuca serán, entre outros, as principais apostas musicais para estes días festivos e actuarán no escenario principal das festas, que volverá estar situado na Praza de España.
"O que buscabamos é chegar a todos os públicos. Esa é a principal característica destas festas, que cada quen poida atopar algo do seu gusto", explicaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o edil de Festas, Demetrio Gómez.
As Festas da Peregrina comezarán, como é habitual, co tradicional pregón. Será o sábado 12 de agosto, ás 12:00 horas, será ademais desde o balcón da casa do concello da Praza da España, en lugar do Pazo de Mugartegui.
Ese mesmo sábado, Los Tres Soles del Paraguay inaugurarán os concertos (21:00 horas) no escenario da Praza da Ferrería, mentres que na Praza de España (22:30 horas) farao a festa de música electrónica organizada polos 40 Urban e Os 40 Dance.
O domingo 13 de agosto, xunto coa Procesión da Virxe Peregrina e a danza gremial de cintas (21:00 horas), actuarán Furious Monkey House na Ferrería (21:00 horas) e La Maravillosa Orquesta del Alcohol, conocido como La M.O.D.A. (22:30 horas) na Praza de España.
Os pontevedreses Gran Garaje serán a aposta para a Praza da Ferrería o luns 14 de agosto (21:00 horas), mentres que o rapero Cruz Cafuné farao na Praza de España (22:30 horas).
Para o martes 15 de agosto, día de Santa María e, por tanto, con numerosas actividades lúdicas, musicais e relixiosas na contorna da basílica, queda o espectáculo circense de Kine Circus na Ferrería (21:00 horas) e o músico urbano Recycled J (22:30 horas) na Praza de España.
En San Roque, o mércores 16 de agosto, tamén haberá actos relixiosos neste barrio e, xa pola noite, actuarán o dúo Fetén Fetén (21:00 horas) no escenario da Praza da Ferrería e no da Praza de España, farao Baiuca, unha das referencias da música electrónica galega.
O xoves 17 de agosto, pola súa banda, Os Coribantes de Buchabade serán os que se suban ao escenario da Praza da Ferrería (21:00 horas) e, a continuación, será a quenda da veterana banda de rock Mago de Oz (22:30 horas) na Praza de España.
A recta final das festas arrincará o venres 18 coa Batalla de Flores (18:00 horas) por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Pai Amoedo; o espectáculo infantil Tarzán, o musical (21:00 horas) na Ferrería; e un tributo a Mecano (22:30 horas) na Praza de España.
Vanesa Martín, que actuará o sábado 19 de agosto (22:30 horas) na Praza de España, será o prato forte desta xornada, na que ademais será o concerto de corais na Ferrería (21:00 horas) con Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bela Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó e Coral Pontus Veteris.
As Festas dá Peregrina concluirán o domingo 20 de agosto co concerto do trío Chroma (21:00 horas) na Praza da Ferrería, a actuación de Pimpinela (22:30 horas) na Praza de España e o tradicional espectáculo pirotécnico entre as pontes do Burgo e Santiago.
Ademais de todo isto, Montero Ríos volverá celebrar as súas verbenas, todos os días ás 22:45 horas, con JB Son (sábado 12), Alianza (domingo 13), Estelamar (luns 14), Acirema e Galia -esta na Praza do Gremio de Mareantes- (martes 15), D'noche (mércores 16), Fuego (xoves 17), Galacia (venres 18), La Conexión (sábado 19) e Zona Cero (domingo 20).
O programa festivo, que inclúe animación na rúa con charangas e pasacalles, ofrecerá tamén un ciclo de artes escénicas para os máis pequenos, que acollerá a Praza da Curtidoira.
Por alí pasarán, sempre ás 19:30 horas, Gothic Circus (luns 14), Teatro Ghazafelhos (martes 15), María Carrera (mércores 16), Sons da Batea (xoves 17), a compañía Paporrubio (sábado 19) e Expresión Contacontos (domingo 20).
Relacionadas:
-
Circo e acrobacias na Praza da Curtidoira para facer as delicias dos pequenos da casa
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O mellor rap e clásicos de pop, rumba e indie poñen ritmo á noite do luns
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Furious Monkey House e La M.O.D.A., banda sonora dun domingo con Pontevedra repleta
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Los Tres Soles del Paraguay abren oito noites musicais
Por Diego Torrado & Redacción |
-
RADIO.- Furious Monkey House, rock pontevedrés para o día grande da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
Vendidas máis da metade das entradas para o concerto de Leiva e Iván Ferreiro en Pontevedra
Por Redacción |
-
Leiva e Iván Ferreiro compartirán escenario o 23 de agosto nun concerto en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Vetusta Morla actuará o 26 de agosto ás 23:45 horas no Río Verbena Fest de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
As Festas da Peregrina xa teñen pregoeira: a dirixente veciñal Pilar Señoráns
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Amplían o horario nas terrazas con motivo das festas de verán e as Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |
-
O Senda Fest reúne 14 propostas musicais de vangarda a carón do Lérez
Por Cristina Saiz |
-
Fillas de Cassandra, A Banda da Loba, Leilía e Sés porán 'voz de muller' ás Festas de Verán
Por Alejandro Espiño |
-
Monte Porreiro vibrará cos ritmos urbanos de Bejo, Rebeliom do Inframundo, Lamatumbá e Dakidarría
Por Alejandro Espiño |
-
Carolyn Wonderland, Acantha Lang e Vanessa Collier, as estrelas internacionais para o Festival de Jazz e Blues
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra busca ser un "fervedoiro" cunhas Festas de Verán convertidas no 'Pontevedra Verán Fest'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Festival de Jazz de Pontevedra cambia xullo por agosto e será a antesala das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Mago de Oz, primeira actuación revelada das Festas da Peregrina 2023
Por Redacción |