RADIO.- Que atopan neste produtor musical pontevedrés desde en Rusia, Ucraína, Australia ou EEUU que non ven aquí?
Por Redacción
Buscarse un oco profesional non require unha presencialidad física nesta segunda década do século XXI. Así se resolve polo menos da charla que no podcast 'Cara a cara' temos co pontevedrés Aarón Silva, ou MisterMyr, como se fai chamar nos seus perfís sociais e profesionais. Preséntase como produtor musical, compositor de bandas sonoras e artista multixénero.
Ten formación musical regrada, formou parte de bandas de rock e metal, de orquestras e realizado colaboracións con outros artistas. En solitario foi músico de rúa en Santiago, pero "queimeime porque me sentía mal por poder molestar aos comercios, por ter que repetir o repertorio que tiña", logo veu a pandemia e a escaseza de turistas. Tamén fixo de "freelancer" en diferentes actividades, algunhas difíciles de imaxinar ou mesmo de aceptar, como foi algún caso segundo comenta.
O seu maior logro como músico ata a data comezou en 2019. A finais dese ano o videoxogo 'Neon Flytron' para o que compuxo a banda sonora comezou a xerar en Google unha cantidade de diñeiro, digamos que estimable. "Case 20.000 euros, pero cando quixemos cobrar, o goberno ucraíno - o desarrollador é un mozo residente en Crimea -, quedou cunha burrada do que se xerou, polo que tivemos que repartir algo máis de mil euros".
Non é o único mercado para o que compón e produce, tamén o fixo para unha deseñadora de moda americana ou, como relata no podcast, para a Armenian Film Society. Todo a través da rede e as súas diferentes ferramentas, ningún contacto persoal: "creo que en persoa, non coñezo a ninguén con quen fixese videoxogos. Se o penso, traballei con xente de Letonia, Rusia, Ucraína, Australia e Estados Unidos, pero persoalmente non coñezo a ninguén".
Agora está a traballar nun proxecto para un videoxogo cun estudo austrialiano. Ten a vista posta nas plataformas audiovisuais de streaming e tamén prepara as súas cancións propias "como hobbie", máis que con perspectiva profesional. Podes escoitar o podcast completo na ligazón que se adxunta ou descargalo na web de PontevedraViva Radio.