Un torneo de Super Smash Bros. Ultimate para dar a benvida a Gaming Troop
Por Redacción
A sede da nova asociación pontevedresa de videoxogos, Gaming Troop, acollerá este vindeiro sábado 8 de abril un evento competitivo que xirará ao redor do título de Nintendo Super Smash Bros. Ultimate.
A xornada de competición, organizada coa colaboración do Concello de Pontevedra, empezará a partir das 12.00 horas do mediodía.
Cun pot bonus de 300 euros e un número de xogadores altamente capacitados que supera os 50 participantes, este evento reunirá os mellores xogadores da saga de Nintendo nunha emocionante competición polo primeiro posto
O torneo permitirá que os asistentes vexan de primeira man a habilidade e destreza dos expertos xogadores no popular xogo de loita, o máis popular do mundo e o máis coñecido da consola Nintendo Switch.
Ademais do torneo de Smash, tamén se poderá gozar do videoxogo de realidade virtual Beat Saber no que se poderá competir por ser o mellor xogador rítmico.
Relacionadas:
-
Pontevedra, capital da cultura friqui
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Regresa a Lérez UP, o evento de videoxogos e 'cultura friki'
Por Redacción |
-
RADIO.- Que atopan neste produtor musical pontevedrés en Letonia, Rusia, Ucraína, Australia ou EEUU que non ven aquí?
Por Redacción |
-
¡Mamma mia! Os fans do Super Mario xuntáronse na Casa Rosada
Por Redacción |
-
Prazo aberto para inscribirse no II Torneo de Smash Bros que se celebrará na Casa Rosada
Por Redacción |
-
Gamers de Pontevedra: Gaming Troop estrea novo local
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |