Marín prepárase para a segunda edición do seu Gaming Fest
Por Redacción
Tralo éxito acadado na primeira edición coa participación de preto de 400 persoas, o Pavillón da Raña acollerá por segundo ano consecutivo o II Marín Gaming Fest.
Organizado polo Concello de Marín e Gaming Troop, o evento foi presentado este venres polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña, así como con representantes da entidade organizadora.
Os días elixidos para a celebración son o 15 e o 16 de outubro, data na que os torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends, serán os pratos pratos fortes.
"Para dar máis variedade ao evento e que poida xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports", explicaron desde a organización. Ademais, materán a zona de 'simracing' con dous dos postos de volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.
Como gran novidade, este ano haberá unha zona VR onde os asistentes poderán probar a experiencia das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber.
Non faltará tampouco o concurso de cosplay, onde poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que participen, que poderán ser até 50.
Tamén haberá espacio para o 'jugger' onde se poderá probar a aprender este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo. Completarán a programación obradoiros e charlas de interese, e un concerto de música de videoxogos-anime da man do artista Yell0.
Por último, para que as persoas asistentes poidan desfrutar das actividades que se celebrarán durante todo o día, instalarán varios foodtrucks diante do pavillón.
Relacionadas:
-
RADIO.- Que atopan neste produtor musical pontevedrés en Letonia, Rusia, Ucraína, Australia ou EEUU que non ven aquí?
Por Redacción |
-
Entretemento virtual no Pavillón da Raña coa primeira xornada do Gaming Fest
Por Redacción |
-
Unha batalla de galos de freestyle na Alameda axitará o II Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
A organización do Marín Gaming Fest xa pensa nunha segunda edición despois do éxito acadado na estrea
Por Redacción |
-
Torneos, experiencias de simulación de carreiras e concursos de cosplay converterán Marín en capital do videoxogo
Por Redacción |