Torneos, experiencias de simulación de carreiras e concursos de cosplay converterán Marín en capital do videoxogo
Por Redacción
O I Marín Gaming Fest chegará para convertir a vila na capital dos videoxogos durante os días 6 e 7 de novembro. O evento foi presentado este venres no Concello polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña xunto con Sonia Piñeiro, en representación da asociación gamer pontevedresa Gaming Troop, organizadora da cita.
O Pavillón da Raña convertirase durante esa fin de semana, de 11:00 a 21:00 horas, na sede de catro torneos do Super Smash Bros Ultimate (sábado 11:00 horas), Fortnite (sábado 16:00 horas), League of Legends (domingo 11:00 horas) e FIFA21 (domingo 16:00 horas). Son gratuítos, sen límite de idade e todos teñen premio monetario. Para reservar unha praza pode facerse a través deste enlace.
Ademais, o sábado os asistentes poderán probar durante todo o día a experiencia da simulación de carreiras grazas ao setup que traerá a empresa RaceSIM Technologies. Os xogos de mesa, que terán o seu propio espazo o domingo, veñen da man da asociación Tempus Ludit, aos que calquera poderá achegarse, botar unhas partidas e descubrir novos xogos cos que pasar a tarde.
Tamén o domingo haberá protagonismo para o cosplay coa charla "Iniciación ao cosplay e estilización de perrucas", que ofrece Luscofusco Cosplay ás 12:00 horas, ademais do concurso de cosplay que se celebrará ás 17.00 horas, cun primeiro premio de 150 euros.
Por outra banda, está aberta unha convocatoria para artistas que desexen ter un posto durante o evento e ofrecer os seus produtos. Os interesados deben rexistrarse a través da ligazón que atoparán na web de Gaming Troop ata o 18 de outubro.
Finalmente, desde o Concello animan a todas as persoas ás que lles guste o mundo do videoxogo a participar neste evento que nunca se organizou en Marín e que aspiramos a que teña novas edicións en próximos anos, ofrecendo deste xeito unha cita de ocio relacionada cos videoxogos e cos mundos dixitais na nosa vila".
Relacionadas:
-
Marín prepárase para a segunda edición do seu Gaming Fest
Por Redacción |
-
A Casa Rosada acollerá en xaneiro o Torneo Súper Smash Bros Ultimate
Por Redacción |
-
Conta atrás para o Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
Unha "batalla de galos" na Alameda complementará o Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
Gaming na Rúa achega a cultura do videoxogo a Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra estreará en decembro o seu propio evento 'gamer'
Por Alejandro Espiño |
-
O Campus abre á cidadanía obradoiros de videoxogos, ilustración, fotografía, redes sociais e vídeo 360º
Por Redacción |