Ten vinte e cinco anos e aposta pola música. É pontevedresa e actualmente reside en Santiago onde acaba de comezar o período de monitorización de grupos da iniciativa 'Son emerxente' do goberno autonómico. Un total de doce artistas, que como Helena Egea, queren sacar adiante os seus proxectos neste sector cultural.
Estudou violín no Conservatorio de Pontevedra e de forma non regulada aprendeu voz e a tocar piano e guitarra. Tamén é compositora e as súas referencias están en mulleres como Aretha Franklin, Ella Fitzgerald, ou Janis Joplin; por iso é polo que os seus xéneros atópeos no soul, o blues, o jazz e o rock.
En 2020 obtivo un dos Premios á Xuventude da Deputación de Pontevedra, en 2022 outro da Fundación Paideia e da radio comunitaria Cuac FM que lle facilitou poder tocar nun evento en directo en Riazor. Está a traballar na pre produción do que será o seu primeiro EP.
Considera que todos os estilos teñen o seu público e que "a cuestión é atopalo". Tráenos ao podcast 'Cara a cara' o tema 'The forgotten', unha canción editada en acústico e composta por ela. O programa pode escoitarse na ligazón que se adxunta e descargalo na web de PontevedraViva Radio.