Unha alumna de Marcón acada o segundo premio do I Concurso de Debuxo Infantil 'A Supercasa'
Por Redacción
Xa se coñece a lista de debuxos gañadores do primeiro concurso de Debuxo Infantil 'A supercasa", unha iniciativa da Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esta proposta busca dar a coñecer aos escolares a importancia que ten a arquitectura na calidade de vida e benestar da sociedade.
A esta primeira edición presentáronse ao concurso 266 debuxos realizados por estudantes con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos repartidos en distintas categorías: na primeira participaba alumnado de primeiro e segundo de Primaria; na segunda, de terceiro e cuarto; mentres que na terceira eran estudantes de quinto e de sexto.
Cada un ofreceu a súa visión de como debe estruturarse unha casa ideal. Finalmente outorgáronse 24 premios, entre galardóns principais, accésit e mencións especiais, coa seguinte repartición:
1ª CATEGORÍA
1 - Enzo Granxa Cortegoso, de Moaña, co debuxo 'A casa dinosauro'. O premio consiste nunha tarxeta de 250 euros para empregar en material de educación plástica ou libros.
2 - Nadia Fernández Vázquez, da parroquia pontevedresa de Marcón, por 'A casa imaxinaria'. Recibe un premio de 150 euros en tarxeta trocable.
3 - Xoán Arosa García Polo, de Pontevedra, co seu debuxo 'Casa-árbol conectada a casas del árbol'. O premio é de 100 euros en material educativo ou libros.
Lucas Rodríguez de Vigo e Miguel Xiaozhu Doce da Coruña gañaron nas outras dúas categorías deste certame, segundo a decisión do xurado, que estaba integrado polo artista gráfico Luís Davila, como presidente; Celia Arcos, licenciada en Belas Artes; Tania Solla, ilustradora; Anselmo Villanueva, presidente da Delegación en Pontevedra do COAG; Carlos Berride, tesoureiro da Delegación en Pontevedra do COAG; e María Pierres, secretaria da Delegación pontevedresa do COAG.
A concellería de Educación do Concello de Pontevedra, que colabora neste concurso, concedía doce accésit, premiados con vales de 75 euros para investir en material escolar.
Todos os premios poden consultarse na páxina web do Colexio Oficial de Arquitectos de Pontevedra. O acto de entrega dos galardóns celebrarase na primeira quincena de marzo.
Relacionadas:
-
Seis obras da área de Pontevedra recibirán en Sanxenxo os premios de arquitectura 'Gran de Area'
Por Oskar Viéitez |
-
Pascuala Campos de Michelena, arquitecta vencellada a Pontevedra, distinguida co Premio COAG
Por Redacción |
-
Oito chalés da comarca entre as 55 candidaturas que compiten por los Premios COAG de Arquitectura
Por Oskar Viéitez |
-
Como ten que ser unha supercasa? Os arquitectos consultan aos nenos
Por Oskar Viéitez |
-
Os arquitectos premian o skatepark de Baltar e dúas vivendas na Lama e Marín
Por Redacción |