Oito chalés da comarca entre as 55 candidaturas que compiten por los Premios COAG de Arquitectura
Por Oskar Viéitez
O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a súa XX edición dos Premios COAG de Arquitectura.
Compiten 224 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022.
Na categoría 'residencial de nova planta' se distingue entre vivenda colectiva, con 5 candidaturas, y vivenda unifamiliar, con 55 candidaturas, oito delas da contorna de Pontevedra.
Outras categorías son as de: outros edificios de nova planta, con 21 candidaturas; obras de restauración e rehabilitación, 63; obras de interiorismo, 22; arquitecturas efémeras e deseño, 12; planeamento urbanístico, 3; deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo, 20; divulgación e investigación, 10; Proxecto Fin de Carreira, 13; e categoría especial a toda a Traxectoria Profesional que se fallará previamente á gala de entrega dos galardóns.
A decana do COAG, Elena Ampudia, destaca a gran participación, a maior das últimas edicións coa incorporación de colexiados que non tiveran participado noutras ocasións, "o que demostra que os arquitectos máis novos veñen con moitas ganas e con grandes obras".
Ampudia sinala tamén a gran calidade das propostas en todas as categorías, e explica que en concreto na categoría de rehabilitación, con 63 propostas, representa o gran nicho de traballo que supón.
"Nesta categoría atopamos moi bos exemplos de actuación de mellora, tanto en vivendas como en arquitecturas singulares", manifesta.
O xurado avaliará detidamente as propostas recibidas e fará unha selección previa de cinco obras finalistas por categoría, elección que se fará pública proximamente.
O ditame final farase público na gala de entrega de premios que será o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo, na provincia de Lugo.
Relacionadas:
-
Seis obras da área de Pontevedra recibirán en Sanxenxo os premios de arquitectura 'Gran de Area'
Por Oskar Viéitez |
-
Pascuala Campos de Michelena, arquitecta vencellada a Pontevedra, distinguida co Premio COAG
Por Redacción |
-
Unha alumna de Marcón acada o segundo premio do I Concurso de Debuxo Infantil 'A Supercasa'
Por Redacción |
-
As obras de rehabilitación aumentaron na Boa Vila un 34,5% durante o pasado ano
Por Redacción |
-
"A cidade é a pegada" acollerá visitas guiadas para todos os públicos
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Estudos de España, Reino Unido, Xapón, Alemaña, Portugal, Noruega ou Dinamarca, interesados en Santa Clara
Por Alejandro Espiño |