Os arquitectos premian o skatepark de Baltar e a rehabilitación de dúas vivendas na Lama e Marín
Por Redacción
As delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense do Colexio de Arquitectos de Galicia entregaron este venres os premios aos trece proxectos galardoados cos premios Gran de Area 2021, concedidos a obras que supoñen unha aportación á arquitectura galega.
Entre os premiados, que recolleron os galardóns nunha gala celebrada no auditorio de Afundación de Vigo, están o skatepark que o Concello de Sanxenxo instalou en Baltar (Portonovo) e a rehabilitación de dúas vivendas na Lama e Marín.
O xurado recoñeceu o traballo realizado polo arquitecto Félix Iribarne Blanco no skatepark, destacando que foi unha actuación que foi capaz de solventar un programa técnico específico relacionado cos deportes urbanos.
Ao mesmo tempo, subliñaron que se fixo un bo deseño do espazo público onde conviven o deportista e o peón.
Pola súa banda, Manuel Ángel Bugallo Otero foi o autor do proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Xesta (A Lama).
No seu caso, apuntou o xurado, a reforma enfatiza os valores do rural e dos oficios artesáns prestando especial coidado ao entorno e ao paisaxismo.
Recuperouse a esencia da vivenda orixinal despoxándoa de engadidos que a desvirtuaban, segundo recolle a acta deste premios.
O terceiro premio para a área de Pontevedra, unha segunda rehabilitación dunha vivenda, é para os arquitectos Francisco Javier Vázquez Fernández e Perfecto Cendón Domínguez.
Este inmoble unifamiliar, situado en Bagüín, foi recoñecido pola súa integración na ladeira e a resolución do programa e os seus espazos interiores.
Foi, segundo o xurado, unha solución moi enxeñosa de acceso a parcela e a vivenda.
Nesa edición, na que se presentaron ata setenta proxectos, foron tamén recoñecidas actuacións nas localidades pontevedresas de Vigo, Oia e Tui e nas ourensanas de Coles, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Ourense.
Relacionadas:
-
Unha alumna de Marcón acada o segundo premio do I Concurso de Debuxo Infantil 'A Supercasa'
Por Redacción |
-
Conceden a distinción Profesional Colexiado do Ano aos arquitectos Xosé Manuel Rosales e José Luis Pereiro
Por Redacción |
-
O skate park de Portonovo recibe o premio Gran de Area
Por Redacción |