O Festival SonRías Baixas celebra a súa volta á normalidade

Por Redacción

© May Robledo / Festival SonRías Baixas

© May Robledo / Festival SonRías Baixas

© Rocío Cibes / Festival SonRías Baixas
Por fin. A 19ª edición do Festival SonRías Baixas levantou o pano este xoves esquecidas as restricións que limitaron a súa actividade os últimos anos.
Así, con moitas ganas de música e de diversión, o recinto do festival vibrou nunha primeira xornada que abriu unha poderosa JazzWoman.
Ademais no primeiro día do SonRías participaron Maurino, un dos pratos fortes da presente edición como Rels B ou Delaporte, ademais de Sofía Gabana e as sesións dj de Cool Nenas.
Tratábase en todo caso dunha primeira toma de contacto cun festival que este venres vivirá un dos momentos máis esperados co concerto de Kase.O, que ofrecerá en Bueu o seu último concerto do verán en Galicia antes da súa retirada dos escenarios compartindo ademais cartel coa enerxía de Rayden.
Os horarios desta venres 5 de agosto no Festival Sorrías Baixas son:
- 19.00 horas. Apertura de portas
- 20.00 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Bala
- 21.00 horas. Escenario Turismo Rías Baixas | García Mc & Nación Quilombo
- 22.00 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Kase.O JazzMagnetism
- 23.30 horas. Escenario Turismo Rías Baixas | Ciudad Jara
- 00.40 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Rayden
- 02.00 horas. Escenario Turismo Rías Baixas | Emlan
- 02.50 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Buhos
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas 2022 acadou a súa cifra récord de asistencia
Por Redacción |
-
O SonRías Baixas pecha o pano despois de tres días de emocionantes concertos
Por Redacción |
-
La M.O.D.A. e Tanxugueiras, pratos fortes da última xornada do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Volve o gran formato ao Sonrías Baixas con Tanxugueiras, Kase.O, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e La M.O.D.A.
Por Redacción |
-
Delaporte completa o cartel do festival SonRías Baixas 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Doce novos artistas, entre eles La M.O.D.A., Ciudad Jara, Eskorzo ou Bala, ao SonRías Baixas 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Tanxugueiras 'fichan' polo SonRías Baixas 2022
Por Redacción |
-
Kase.O, Rayden, Arnau Griso, Buhos, García Mc e Balkan Paradise Orchestra actuarán no SonRías Baixas 2022
Por Redacción |